ConcellosParada de SilÚltima hora

Entrega de Premios do XIII Concurso de Fotografía Rosa Pons de Parada de Sil

Os gañadores son José Manuel Novoa, Rosa Villar, Luis María Bario e Javier Yárnoz

 

Este venres, 28 de agosto, tivo lugar no concello ourensán de Parada de Sil a entrega de premios do XIII Concurso de Fotografía Rosa Pons. O acto celebrouse no salón multiusos da Casa Consistorial e foi presidido polo alcalde, Aquilino Dominguez. Proxectáronse as fotografías de todos os participantes e, finalmente, resultaron premiados José Manuel Novoa e Rosa Villar na categoría “Visións de Parada de Sil” e Luis María Barrio e Javier Yárnoz na categoría “Tema Libre”.

O acto comezou cunha breve intervención do rexedor, quen agradeceu ao mecenas, Camilo Yáñez, que siga colaborando nesta iniciativa. Tamén tivo palabras para o xurado e especialmente para Antón Vázquez, presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil. O alcalde quixo destacar que con este evento buscan dar a coñecer a Parada de Sil e o entorno da Ribeira Sacra.

A continuación, a concelleira Rosa Sánchez deu lectura a un escrito enviado polo mecenas, que este ano non puido acudir ao acto. Sánchez entregou os premios e, finalmente, o tenente alcalde Manuel González pechou o acto cun chamamento aos veciños para que cumpran as normas e os protocolos hixiénico-sanitarios derivados da pandemia.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button