ConcellosÚltima hora

Entrega do Premio “Celanova Casa dos Poetas”

Na súa 31ª edición este recoñecemento recollíao o Centro Unión Orensana da Habana
Ofrenda floral durante o acto de entrega do Premio Celanova Casa dos Poetas.
Ofrenda floral durante o acto de entrega do Premio Celanova Casa dos Poetas.

O Centro Unión Orensana da Habana vén de recoller o XXXI Premio Celanova Casa dos Poetas. Con este galardón o Padroado da Fundación Curros Enríquez quere recoñecer o “compromiso histórico” desta entidade “con Galicai, coa cultura galega e dun xeito moi especial coa figura de Manuel Curros Enríquez, a quen aínda hoxe continúan honrando os legatarios dos primeiros dirixentes do colectivo social e cultural da emigración ourensá de finais do XIX e principios do XX en Cuba”, segundo se recolle na acta que xustifica a concesión do premio.

A entrega desenvolvíase na Casa dos Poetas de Celanova no mediodía do 6 de setembro nun acto presidido polo secretario xeral de Emigración. O galardón recollíao Roberto Ogando Zas en representación de “Centro
Unión Orensana de la Habana”. Consiste nunha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elices) da autoría de Acisclo Manzano e un gravado realizado por Baldo Ramos.

Artigos relacionados

Back to top button