CulturaCulturaÚltima hora

Entrega dos XXIX Premios Antón Losada Diéguez

Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortiza foron os galardoados nesta edición nas modalidades de creación literaria e de investigación e ensaio, respectivamente
Un dos momentos do acto da entrega destes premios.
Un dos momentos do acto da entrega destes premios.

O pazo de Moldes, no concello ourensán de Boborás, convertíase o 14 de xuño en escenario da entrega dos XXIX Premios Antón Losada Diéguez. Este certame convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense, e a súa dotación é a máis alta dun premio literario en Galicia con 12.000 euros, 6.000 euros por categoría.

Nesta edición os distinguidos foron Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortiza. O primeiro deles ganaba na modalidade de creación literaria coa obra “Caderno do Nil”. O xurado destacou dela os novos retos estilísticos que afronta o poeta, ao tempo que revisa as súas experiencias e o seu propio discurso. Todo elo sen deixar de afondar nas claves da propia vida e da propia creación poética, especialmente vincula á idea do recurso do río.

Asemade Cortizo recibía este galardón na categoría de investigación e ensaio coa obra “Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais”. Deste traballo o xurado resaltou que se trata dunha indagación extraordinaria, elaborada durante moitos anos sobre unha parte moi importante do patrimonio cultural, ameazada de desaparición debido aos cambios que nas últimas décadas se produciron en Galicia. Valorou ademais que o autor fixo un traballo exhaustivo, rigoroso, singular en definitiva, e que vai a ser de utilidade para o público en xeral e de forma moi especial, para as novas xeracións.

O acto de entrega de premios contaba coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, quen referíndose aos autores distinguidos, aseguraba que son “dous homes entregados nas súas traxectorias respectivas a construír coa palabra unha Galicia capaz de expresar o seu potencial e de xerar o recoñecemento que lle corresponde, como cultura sobranceira en Europa”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close