ConcellosÚltima hora

Entregan os títulos da parcelaria de Santo André de Campo Redondo (Ribadavia)

A concentración beneficia a 286 veciños, tras pasar de 5.798 parcelas a 652 predios

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, fixeron entrega esta mañá dos títulos da concentración parcelaria levada a cabo na zona de Santo André de Campo Redondo, en Ribadavia.

O proceso de reorganización afectou a unha superficie total de 212 hectáreas e supuxo a reestruturación territorial de 5.798 parcelas en 652 novos predios. Isto traduciuse nun incremento considerable da superficie media por parcela, que de media pasou de 365 metros cadrados a 3.251 metros cadrados.

Un total de 286 veciños víronse beneficiados desta concentración, que a partires de agora verán mellorada a súa calidade de vida. O principal aproveitamento desta zona está adicado ao viñedo, se ben é certo que da totalidade de hectáreas reestruturadas, a gran maioría pertencen a terreo forestal.

Artigos relacionados

Back to top button