Publicidade
ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Entréganse en Sober os premios do IV Certame de debuxo “O Cultivo da Vide na Ribeira Sacra”

O gañador deste concurso, no que se presentaban 150 debuxos, é Alejandro Pérez López do CEIP Monforte de Lemos

Entre as actividades deste Mes de Amandi incluíase a cuarta edición do Certame de debuxo “O Cultivo da Vide na Ribeira Sacra”, cuxa entrega de premios tiña lugar na mañá do 20 de marzo coa presenza do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. O gañador desta edición foi Alejandro Pérez López do CEIP Monforte de Lemos. Concedéronse ademais tres accésit ao mellor debuxo de cada colexio participante (foto de grupo): Clay Anxo Randale Parquer do CEIP Virxe do Carme, Sofía Mendes González do CPR Torre de Lemos.

Neste concurso presentábanse un total de 150 debuxos elaborado por alumnos de primaria de catro colexios: o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, o CEIP Monte Baliño de Pantón, o CEIP de Monforte e o CPR Torre de Lemos

Os premios foron un diploma e 150 euros canxeables en material escolar para o ganador, asaí como para os tres accésit, diploma e 50 euros canxeables en material escolar, ademais dun agasallo para todos os participantes.

 

Imaxe do debuxo ganador do certame.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close