EconomíaEconomíaÚltima hora

Entréganse os premios da campaña “Días azuis” do comercio galego

Algúns dos galardoados realizaban as súas compras en establecementos valdeorreses

Os establecementos de proximidade deben saber anticiparse aos novos desafíos respondendo con innovación e buscando o grao extra de diversificación ao tempo que se pon ao cliente no centro da súa estratexia. Así o aseguraba o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na entrega de premios da última edición da campaña “Días azuis” do comercio galego, un acto celebrado na tarde do 12 de novembro no Hostal dos Reis Católicos en Santiago e ao que tamén asistía a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez.

Na campaña Días azuis do comercio galego, realizada entre o 1 e o 20 de outubro (por parte da Consellería de Economía en colaboración coa Federación Galega de Comercio e Abanca), rexistráronse máis de 108.700 participacións, un 13% máis con respeto ao ano anterior e un 6% desde a convocatoria de maio.

Neste acto fíxose entrega aos clientes gañadores dos 16.200 euros en premios repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. O listado completo dos 80 premiados pode consultarse en https://www.diasazuis.com/ganadores.

É a cuarta vez que se desenvolve esta iniciativa, e a primeira ocasión na que se celebran dúas edicións anuais, sendo o obxectivo principal desta iniciativa dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes.

 

Artigos relacionados

Back to top button