CulturaCulturaÚltima hora

Entréganse os Premios da Crítica de Galicia 2017

O Hotel Os Escudos de Vigo convertíase na xornada do 5 de novembro en escenario do acto de entrega dos Premios da Crítica de Galicia 2017, con máis de 300 asistentes

Os Premios da Crítica instituíronse hai xa corenta anos coa finalidade de facer público o recoñecemento do labor de persoas ou colectivos no eido da cultura galego, en oito modalidades concretas. Na edición deste ano os premiados foron Antonio Manuel Fraga no apartado de Creación Literaria; Marcos Pérez Pena en Investigación; Luis Emilio Batallán en Música; Programa Conciencia en Iniciativas Culturais e Científicas; María Luisa Sobrino en Artes Plásticas; e Flor Maceiras en Artes Escénicas; Festival S8 en Cine e Artes Audiovisuais; e Grupo Nove en Cultura gastronómica.

O acto contaba coa asistencia de numerosas autoridades, así como de representantes do mundo da cultura, das letras e da música galegas.

Artigos relacionados

Back to top button