Neste 12 de agosto Sober despide unha XLI Feira do Viño de Amandi marcada polo cumprimento das medidas covid. A segunda xornada desta mostra acollía a cata final dos viños expostos entre os que resultaron premiados:
– Categoría de viños xoves da añada de 2020: Don Bernardino, Rectoral de Amandi e Cruceiro.
– Adega gañadora na categoría de brancos da añada de 2020: Regina Viarum.
– Outras anadas: Garoubas, da adega A Carqueixa.
A entrega de premios correu a cargo do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; o conselleiro de Medio Rural, José González; o director da AGACAL, José Luís Cabarcos; a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias; o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo.
Tamén se fixo entrega dun agasallo ao Concello de Chantada, convidado de honra nesta edición, e do primeiro premio do concurso de deseño de carteis a Eduardo Pérez Baamonde.
O Concello de Sober agradecía ademais “o bo comportamento dos asistentes e a activa participación dos adegueiros ano tras ano e pese ás extraordinarias condicións desta edición”.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, cre que “a feira se consolida como un escaparate do viño de Amandi” e explica que “se fai en sinal de homenaxe aos seus produtores. Un día de festa para viticultores e adegueiros, un día para compartir”, destaca.
Fotos cedidas.