OurenseÚltima hora

Entretidas mañás na “Escola de Verán” do Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense

 

Diversión, aprendizaxe, convivencia e tamén conciliación familiar. Son os obxectivos da Escola de Verán que se está desenvolvendo no Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, baixo a dirección de Ana Vázquez.

Trátase do campamento urbano “Unha Escola Histórica” que retomaron neste verán no colexio ourensán, no que cada semana os cativos asisten a actividades centradas nunha etapa da historia. “De momento levamos visto a Prehistoria, a Idade Antiga, a Idade Media e actualmente están a gozar a Idade Moderna”, explica Ana.

Entretenidas mañás nas que os nenos aprenden, dun xeito moi lúdico, con xogos e obradoiros relacionados coa temática.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button