CulturaCulturaÚltima hora

Entroido en Lumeares (A Teixeira)

Entroido realizado por Cándido Caneiro de Lumeares./ Foto: Cándido Caneiro.

 

Neste Entroido nin o Irrio, nin os Felos sairán polas rúas de Lumeares (A Teixeira). Sen embargo a alma desta celebración mantense viva a través de xestos cheos de arte e irreverencia como esta singular parella de bonecos, obra do escultor Cándido Caneiro de Lumeares, que representan ao Entroido e que poden verse nesta aldea do corazón da Ribeira Sacra ourensá.

E, por sorpresa, aparecía esta tarde xunto a estes Entroidos unha Madama de Lumeares.

 

Madama de Lumeares./ Foto: Cándido Caneiro.

Artigos relacionados

Back to top button