Galerías de fotosÚltima hora

Entroido infantil en Trives

Cun desfile con multitude de disfraces, animación, música e chocolatada celebrábase esta festa na praza do Reloxo na tarde do 4 de marzo

Este luns 4 de marzo era un día reservado para os nenos en Trives. A vila celebraba o Entroido infantil cunha numerosa participación de cativos disfrazados que participaban nun desfile polo casco antigo que remataba na praza do Reloxo, onde había música e animación, así como unha chocolatada.

Mañá pola tarde haberá un novo desfile, ás cinco, que comezará na Finca da Barreira e rematará na praza do Reloxo.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button