En portadaÚltima hora

O Entroido ourensán, no IX Festival da Máscara en Zamora

Reunirá o 23 de setembro a 24 mascaradas, entre as que estarán o folión de Viana, os Peliqueiros de Campobecerros e aos Troteiros de Bande
O Folión de Viana do Bolo, tocando na praza da Mariña de Zamora nunha edición anterior do Festival de Máscara./ Foto: Carlos G. Hervella.

Algunhas das manifestacións máis senlleiras das festas de inverno da península daranse cita o vindeiro 23 de setembro no IX Festival da Máscara en Zamora. No programa deste evento destaca un desfile, previsto para as seis da tarde e que sairá do Parque da Mariña en dirección á praza de Viriato. Nel tomarán parte unhas 400 persoas de 24 festas de inverno, entre as que figuran tres Entroidos da provincia de Ourense: o Folión e os Boteiros de Viana do Bolo, os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros (que acuden por vez primeira), e os Troteiros de Bande.

 

Os Peliqueiros de Campobecerros estarán por vez primeira neste festival da Máscara de Zamora./ Foto: Carlos G. Hervella.

Destacarán asemade ata 12 mascaradas da provincia de Zamora, entre elas a Filandorra de Ferreras de Arriba, a Vaca Bayona de Almeida, os Carnavais de Villanueva de Valrojo, o Zangarrón de Montamarta ou as Visparras de San Martín de Castañeda e Vigo de Sanabria. Tamén se contará coa presenza de seis mascaradas portuguesas: os Caretos de Salsas, Ousilhão, Grijó de Parada, Parada e Aveleda.

 

Os Troteiros de Banda serán outra das mascaradas ourensás presentes neste desfile en Zamora./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais do desfile, tamén están programadas actividades paralelas, algunhas delas para os máis pequenos. Así ese mesmo día na praza de Viriato haberá obradoiros infantís de elaboración de máscaras de 12h. a 13:30h. e despois, das 13:30h. ás 14:15h, o contacontos Los Explorabichejos. A partires das oito da tarde soará a música do grupo Carrión Folk, segundo se informa dende o Patronato Provincial de Turismo da Deputación de Zamora.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close