OurenseÚltima hora

A EOI de Ourense contará con seis novas aulas a partires do vindeiro curso

As obras no centro, dotadas cun orzamento de case 500.000 euros, consisten na ampliación da testeira do edificio así como a planta baixa
Marisol Díaz e Jesús Vázquez visitaron as obras.

A Escola Oficial de Idiomas de Ourense estará lista para o vindeiro curso. Así o anunciaron dende a Xunta de Galicia. Hoxe, 28 de xullo, a delegada do executivo galego en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, realizaron hoxe unha visita ás obras que se están a levar a cabo no centro e que teñen un investimento de 490.000 euros.

Ambos dirixentes estiveron acompañados na súa visita pola directora da EOI ourensá, Nancy Casielles. Segundo indicou a delegada da Xunta, estas intervencións permitirán dotar á Escola de seis novas aulas e “atender así o interese por estes estudos na cidade”. O obxectivo desta actuación é, indicou Díaz Mouteira, “dar resposta axeitada á cidadanía que desexe mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras”.

O edificio da Escola é de planta rectangular con aulas aos dous lados dun corredor central. A actuación deseñada consiste na ampliación do testeiro dese edificio, o que permitirá crear dúas novas aulas na planta primeira e outras dúas na planta segunda. Así mesmo, ampliarase tamén a planta baixa para albergar nese espazo de nova creación un novo salón de actos. Mentres, o salón de actos actual reformarase e dividirase en dúas aulas máis. En total, a superficie útil ampliada é de 481 metros cadrados útiles.

A Escola Oficial de Idiomas de Ourense, creada en 1987, imparte na actualidade os idiomas de alemán, francés, galego, italiano, portugués e chinés.

Artigos relacionados

Back to top button