SanidadeÚltima hora

A EOXI de Ourense entrega os premios do seu VII Concurso Fotográfico

Os gañadores foron a administrativa, María Benita Gómez e o psiquiatra David Simón

 

Benita Gómez e David Simón. // Foto: Carlos Asensio.

A administrativa do CHUO, María Benita Gómez, e o psiquiatra David Simón, foron os gañadores do concurso de fotografía, enmarcado dentro do Outono Fotográfico, e organizado pola EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Na mañá de hoxe, 28 de decembro, o xerente da EOXI, Dionisio López Vellido; e o Director de Recursos Humanos, Eduardo González, entregaron os premios desta “VII edición do Concurso fotográfico” que ten como obxectivo fomentar a participación e dar resposta á capacidade artística dos traballadores da EOXI no eido da fotografía, apuntan dende o CHUO.

Nesta sétima edición houbo unha participación de 310 fotografías cunha temática libre e serán todas expostas en diversos hospitais e centros de saúde da provincia durante o primeiro ano.

O CHUO emprega as fotos do concurso como fondo fotográfico para decorar os centros da EOXI. // Foto: Carlos Asensio.

A EOXI tamén aproveita este concurso para captar fondos fotográficos para a súa edición con fins expositivos, de humanización dos espazos comúns ou singulares dos centros do Servizo Galego de Saúde na provincia, e publicacións propias da Xerencia e Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Dionisio López Vellido e Eduardo González entregaron os premios. // Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button