DeportesÚltima hora

O equipo alevín do Sincro Ourense, no campionato de España

As nadadoras ourensás participaron en figuras individuais, combo e equipo
Equipo alevín do Clun Sincro Ourense que participou no cpto. de España.

Máis de 250 nadadoras de 33 clubs de toda España participaban no campionato nacionnal alevín de verán “Trofeo Asisa de Natación Sincronizada” celebrada a pasada fin de semana en Granollers (Barcelona).

Entre esas nadadoras estaban dez alevíns do Club Sincro Ourense: Iris Carid, Blanca Moyano, Eva Rodríguez, Antía Touriño, Antía Blanco, Cristal Daniela Mota, Estela Luisa Ojea Lucía Pousa, Lía Pulido e Iria Fernández, que asistían á cita nacional acompañadas polas súas adestradoras Beatriz Montes, Elvira López e Tania de Cabo. “Catro destas nadadoras foron seleccionadas nesta tempada para formar parte do programa de tecnificación levado a cabo pola Federación Galega de Natación”, explican dende o club ourensán.

En Granollers a cativas do Sincro Ourense participaron en figuras individuais, combo e equipo. Na competición de figuras individuais Estela Luisa Ojea foi 7ª, Antía Blanco 9ª, Cristal Daniela Mota 12ª, Iria Fernández 15ª, Blanca Moyano 13ª e Lía Pulido 46ª. Na clasificación absoluta, entre 250 participantes Blanca Moyano foi 51ª, Iris Carid 73ª, Eva Rodríguez 75ª e Antía Touriño 77ª.

Con respecto á competición de equipos as ourensás finalizaron no posto 13º de 22 participantes e en rutina libre combinada, no 8º de 22 participantes. Na clasificación global por clubes, dos 33 participantes, as de Ourense finalizaron no posto 14º.

Artigos relacionados

Back to top button