DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O equipo feminino do Adas, subcampión da Copa de Galicia de clubs en pista cuberta

Nesta competición, celebrada en Ourense o 7 de xaneiro, o equipo masculino deste club valdeorrés quedaba sexto

Cumprindo obxectivos e cuns resultados moi positivos regresa o Club Adas Proinor do Barco da XIV Copa de Galicia de clubs de Pista Cuberta, na que os mellores oito equipos galegos de atletismo femininos e masculinos se medían en Ourense o 7 de xaneiro.

O conxunto feminino valdeorrés lograba subirse ao podio e facerse co subcampionato nesta competición galega na que vencía o Atletismo Feminino Celta con 83 puntos. A tan só sete puntos da vitoria quedaba o Adas, ao rematar a proba con 76 puntos. A terceira posición correspondíalle á Sociedade Xinmmástica de Pontevedra. O Adas era ademais o único equipo ourensán desta cita.

Na categoría masculina, o equipo valdeorrés sitúabase sexto con 42 puntos nun encontro que resultaba moi igualado. O título lográbao a Sociedade Ximnástica de Pontevedra con 78 puntos, seguida polo Real Club Celta con 75 e polo Club Atletismo de Narón con 74.

 

O equipo feminino do Adas-Proinor, no podio da XIV Copa de Atletismo de pista cuberta en Ourense./ Foto: FGA.

Fotos galería: Club Adas Proinor.

Artigos relacionados

Back to top button