DeportesÚltima hora

O equipo masculino do Auriense FG participará este sábado no Torneo Internacional Garañón

O campionato comezará ás dez da mañá con cinco equipos galegos e un belga
Un dos equipos do Auriense FG.

O Campo Novo da Estrada acollerá este sábado, 17 de febreiro, o Torneo Internacional “Garañón” organizado por Irmandinhos, actuais campións galegos, no que participarán seis equipos entre os que se atopa o plantel masculino do Auriense FG.

O campionato comezará ás 10 da mañá, con final prevista para as 16:30h. e o conxunto ourensán está encadrado no grupo A “con moitas opcións de chegar ás semifinais”, aseguran dende o Auriense que na primeira fase medirase cos anfitrións, Irmandinhos e con Braithreachas. Tamén participarán no torneo, Herdeiros De Dhais de Lalín, F.G. Cambados Gaélico e o equipo belga Earls of Leuven.

Artigos relacionados

Back to top button