DeportesÚltima hora

O equipo sénior do Club Voleibol Ourense plántalle cara ao líder da liga nacional

Co 1-3 se resolvía o partido disputado en O Pompeo no que se recolleron 120 quilos de comida non perecedoira
Xogadoras do Hemisferios Ribeira Sacra tralo partido ante Sestao.

O Hemisferios Ribeira Sacra, equipo sénior do CV Ourense plantoulle cara ao líder da liga nacional, o Voleibol Sestao, na súa visita á cidade das Burgas na mañá do 10 de decembro, tendo que entregarse a tope ata ol último punto do encontro, que remataba do 1-3 no marcador.

Tal como explican dende Ourense, o “primeiro set foi moi equilibrado con alternativas constantes no marcador ata rexistrar un empate a 17 tantos, aínda que a partires dese momento impúxose a calidade das vascas para anotarse un set que non fixo xustiza ao esforzo realizado”. No segundo, as ourensás, apoiadas polo público de O Pompeo conseguiron “desarbolar totalmente o xogo do Sestao e sementarlle algunha dúbida”. No terceiro set alternáronse os “puntos brillantes con grandes erros no saque e na recepción”, con vitoria clara para as vascas que, malia o bo xogo das locais, souberon soportar a presión no cuarto set anotándose os tres últimos puntos que lle dieron a vitoria final.

A última xornada da primeira volta levará ás ourensás ata terras asturianas para enfrontarse a La Calzada de Oviedo, sétimo clasificado.

Ademais do espectáculo sobre a cancha, o partido ante o líder en Ourense foi un éxito de solidariedade recolléndose un total de 120 quilos de alimentos que foron entregados á asociación xuvenil Amencer, organizadora da “Operación Quilo”

Artigos relacionados

Back to top button