DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Equipos base dos dous lados da raia, participan no Torneo Internacional de Fútbol Sala de Verín

O Palma Futsal imponse na final xuvenil ao equipo luso Hockey Club Flaviense

Durante tres días Verín foi o centro galego de referencia do fútbol sala base. Entre o mércores 12 e o venres 15 de abril, equipos de diferentes puntos de España e Portugal, dende prebenxamín ata xuvenil, participaron na III edición do Torneo Internacional de Futbol Sala, organizado de forma conxunta polo Verín Futsal e o Concello de Verín en colaboración coa Adega Tapias Mariñán e a Deputación de Ourense.

Con Afonso Delgado como coordinador, as tres instalacións deportivas coas que conta Verín (Pavillón Municipal, complexo deportivo A Granxa e pavillón do Colexio María Inmaculada), acolleron varias horas diarias de partidos de mañá e tarde convertendo á vila do Támega nunha gran festa de fútbol sala. Entre os participantes, había equipos de Verín, do Carballiño, de Teo, de Celanova, de Ourense, de Quiroga, da Pobdra de Trives, de Palma e de Portugal.

Nunha competición deste tipo, onde sempre gaña o deporte e neste caso o fútbol sala, os resultados son o de menos pero os gañadores son os gañadores e eses foron os xuvenís do Palma Futsal, equipo do padriño do torneo, Carlos Barrón Redondo. A última hora do vernes, 14 de abril, disputábase a final máis esperada do torneo entre dous grandes equipos xuvenís: Palma Futsal e Hockey Club Flaviense. “Un partido moi emocionante en que ambos equipos deron o 100%, cada balón, cada xogada era decisiva para ganar o partido”, explican dende a organización felicitando ao campión (vencía 4-2) e tamén ao subcampión.

Con respecto ao resto de categorías, os equipos do Carballiño levaban case todas as finais. En cadete, GRI Carballiño Futbol Sala impoñíase a Pecheches por 4-3; en infantil, EDC Celanova vencía 5-0 a Abelhas Azuis (Portugal); en alevín GRI Carballiño Futbol Sal vencía 0-2 a EDC Verín; en benxamín, San José vencía a Carballiño; e en prebenxamín Carballiño impoñíase a San José.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button