Especial NadalMonográficos

Era dourada en Galicia

A Belle Époque puxo de moda as termas e os balnearios
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O florecer do sector termal chega a Galicia na segunda metade do século XIX. A Belle Époque pon de moda as termas e impóñense instalacións de alto nivel como La Toja ou Mondariz, que viron como ano a ano aumentaba o número de usuarios aínda que non sempre foi así. “Os do século XVIII acollían nun simple alpendre as fontes nas que se bañaban por turnos, chegaban alí dacabalo cos seus propios mobles nos carros porque non había onde aloxarse” explica o catedrático de historia Luis Alonso, un dos autores de O lecer das augas.

Pouco a pouco o éxito dos baños foi facendo necesaria a construción de establecementos, a maioría de propiedade privada que viviron anos de gloria.
Con todo, é no ano 1826 cando se establece por primeira vez o marchamo oficial de balnearios co que o colectivo médico distinguía a aqueles que tiñan unhas condicións sanitarias adecuadas. Segundo se recolle no libro sobre A historia dos balnearios galegos, nese momento había en España 30 balnearios con marchamo oficial dos cales cinco eran galegos: Caldas de Cuntis, Caldelas de Tui, os dous de Caldas de Reis e o de Cortegada (Ourense), aos que enseguida se incorporaron os de Carballo, Arteixo e Verín.

Nos comezos do réxime da Restauración (1872) os balnearios convertéranse xa en centros fundamentais de encontros sociais onde coincidían membros da familia real, políticos, militares, escritores e burgueses, chegando a acoller moitos dos grandes negocios e decisións da época.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button