ConcellosÚltima hora

Ermitas Fernández, de Soutogrande (Vilariño de Conso), celebra o seu 100 aniversario na residencia Santa María de A Veiga

 

O oriente ourensán vén de sumar unha nova centenaria. Na tarde deste venres 28 de febreiro, Ermitas Fernández Alonso, natural de Soutogrande (Vilariño de Conso), celebraba o seu 100 aniversario na residencia da terceira idade Santa María da Veiga (pertencente á Fundación San Rosendo), onde vive.

A centenaria, que asegura non ter “ningún segredo para chegar aos cen anos”, festexaba o século de vida acompañada polas traballadoras do centro e por familiares entre os que estaba a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía. Tampouco faltou ao acto o alcalde da Veiga, Juan Anta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button