DeportesÚltima hora

Eros Álvarez (Peña Trevinca Barco), segundo na categoría cadete na carreira Chandrexa Trail 2018

Publicidade
Mailén Aller proclamábase campiona galega en F-12 na segunda etapa do galego de distancia sprint

Malia a esixencia do técnico circuíto e as altas temperaturas, o atleta Eros Álvarez Dacosta do Club Peña Trevinca Barco lograba alzarse co segundo posto na categoría cadete na carreira Chandrexa Trail, celebrada este domingo. Completaba os 7,3 quilómetros de percorrido nun tempo de 47′ 52″ asegurando en meta que “foi unha carreira de moita cabeza”.

Na andaina, participaban asemade dous membros da sección de sendeirismo, Ceferina Pérez e Celso Álvarez, que conseguían acabar primeiros nas súas respectivas categorías, tal como adiantan dende o club.

Noutro punto da xeografía galega, este sábado varios mmbros da seccion de orientación, participban ern sendas probas celebradas en Oia e Bayona. Na primeira, unha distancia longa acabou con 3 podios para o Trevinca; Alba Osorio, en F-18; Mailén Aller en F-12 e Martina Aller en iniciación curta. Pola tarde, dispustábase a segunda etapa do campionato galego de distancia sprint na que Mailén Aller proclamábase campiona galega en F-12 e Alba Osorio lograba facerse cun 3º posto en F-18.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button