CulturaCulturaÚltima hora

Erotismo pegado á terra da man de Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde no Barco

Este trío de contadoras presentaban o seu espectáculo "Divas de diván" no ciclo "De Perto"

 

Contos, si, pero dunha temática marcadamente erótica e galega. Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde desembarcaban na oitava edición do ciclo “De Perto” con “Divas de diván”. Sobre o escenario, situado no Xardín da Casa Grande, partillaban, sentadas en sillas de praia, queixo de tetilla e ían debullando historias. As de Ángeles Goás eran dunha “erótica de montaña”, as de Vero Rilo dunha “erótica de mar” e “mixta”, no caso das de Carmen Conde, tal e como ela mesma explicaba.

Contos “para abrir boca” arredor dun libro titulado “Mamá”, relatos de veciñas como Elvira “unha diva de diván”, ou mesmo de familiares. Todas elas dun erotismo singular, pegado á terra e rural e salpicadas de humor.

O espectáculo era presentado polo técnico de Cultura do Barco, Gustavo Docampo, quen adiantaba as dúas últimas propostas de “De Perto”, todas nesta semana. Así o 17 de xullo poderá desfrutarse da cantante Faia coa actuación titulada “Ao Cabo Leirín”.

E programa deste ano completarase da man dun trío de recoñecidos contadores, que xa estiveron en varias ocasións neste ciclo barquense: Celso Sanmartín, José Luis Guitérrez (Guti) e Quico Cadaval. Desta volta fanno xuntos e co espectáculo “Tres vellas (polo menos)”.

Fotos: A.R., agás a última que é de Gustavo Docampo.

Artigos relacionados

Back to top button