CulturaCulturaÚltima hora

Escavacións arqueolóxicas no castro Monte Cido, no Courel

Castro Monte Cido no Courel./ Foto: CSIC.

 

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo de investigación EST-AP do Instituto de Historia (IH) do Centro de Ciencias Humanas e Sociais ( CCHS), dará comezo o luns a escavación do castro Monte Cido, no Courel (Lugo), que “nunca foi obxecto dunha actuación deste tipo e cuxo labor é entender as formas de poboamiento nas serras orientais galegas na transición da Idade de Ferro ao comezo da dominación romana, incorporando a explotación do ouro como vector determinante”, tal e como anuncian dende o CSIC.

A actuación, financiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xorde por iniciativa da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel e da Asociación Cultural San Xoán de Seoane do Courel e colabora o Concello de Folgoso do Courel. “O castro Monte Cido nunca foi obxecto dunha escavación arqueolóxica, pero hai evidencias de que del procede a táboa de hospitalidade de O Courel e a aguia de Carbedo, un dos principais testemuños do paso das lexións de Roma polos montes orientais de Lugo”, explica Brais X. Currás, investigador do IH e director do proxecto de escavación.

Para o desenvolvemento desta intervención cóntase coa codirección de Luís F. López González, da empresa Terra Arqueos S. L., autor dunha tese doutoral sobre o poboamiento antigo nas montañas do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button