EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“Teatro nos escaparates”, un éxito de participación

O Barco CCA desenvolvía cunha gran resposta de público de todas as idades esta nova campaña do 14 ao 16 de maio na vila

Era una proposta diferente pero captou dende un principio o interese e a atención do público que conectou. A proposta “Teatro nos escaparates”, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) desenvolvíase cun grande éxito de participación do 14 ao 16 de maio na vila. Os escaparates do comercio barquense cobraban vida e convertíanse en escenarios case a pé de rúa. Con esta nova campaña promocional do CCA, realizada en colaboración con Gargallada Teatro, buscábase “dar apoio á cultura, mentres de dinamiza o comercio na localidade”, tal e como sinalaban dende esta asociación. Para poñela en práctica contarase coa colaboración do grupo local Gargallada Teatro.

Un total de 16 comercios da vila participaban nesta innovadora proposta, que comezaba na tarde do 14 de maio no Ganu, Comercial Vedo, Can-Can e en Miranda M. A través dela os seus escaparates acollerán pezas breves de teatro. Ao día seguinte o teatro chegará a Boutique Hogar Marina, Laurarte, Prenda Outlet e Ana de la Puente Perfumería e Estética.

Na derradeira xornada da campaña, a do 16 de maio, as interpretacións podían verse nos escaparates de Super Onda, Ana Óptica, Boutique Suá e Librería Murciego.

Outro dos apartados da campaña era o sorteo de vales de compra de 30 euros entre os asistentes ás actuacións co fin de incentivar aos clientes do comercio barquense.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez/ Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button