DeportesÚltima hora

A Escola de Técnicos Deportivos Superiores de Ourense comeza a funcionar a finais de ano

Avanzan que haberá “condicións ventaxosas” para os ourensáns que se matriculen nela
Un momento da reunión celebrada entre o alcalde e o edil de Deportes e a directiva da nova Escola de Técnicos Superiores de Cented.
Un momento da reunión celebrada entre o alcalde e o edil de Deportes e a directiva da nova Escola de Técnicos Superiores de Cented.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva da Escola de Técnicos Deportivos Superiores de Cented, coa especialidade en fútbol, que iniciará a súa actividade na provincia a finais deste ano. Na reunión estiveron presentes tamén o edil de Deportes, Mario Guede, o director da escola, Manuel Cerón, o xefe de estudios, Anxo Casalderrey, e o secretario, David Simal.

Avanzaron que os alumnos censados no Concello de Ourense que decidan matricularse nesta escola terán “condicións ventaxosas” na inscrición. Ademais, tamén explicaron que algúns alumnos levarán a cabo a súa formación práctica en diferentes eventos que realice a institución municipal.

A escola é regrada e oficial do Ministerio de Educación, correspondente ao grao medio e superior. Tamén está recoñecida a nivel federativo. Para máis información, a institución pon a disposición a web www.centedgalicia.es.

Artigos relacionados

Back to top button