DeportesÚltima hora

Escola de volei praia, este verán no Barco de Valdeorras

Mañá, venres 14 de xullo, celebrarase a proba de nivel no campo do Salgueiral ás 11 e ás 17h.
Partido de volei praia celebrado a finais de xuño no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

A comarca de Valdeorras conta este verán cunha nova actividade deportiva. Trátase das escolas de volei praia para rapaces e rapazas a partires de 9 anos, que se desenvolverán todos os venres durante os meses de xullo e agosto no campo do Salgueiral, no Barco.

Tal como explican dende a organización, en función do número e do nivel dos inscritos, organizaranse grupos de mañá e tarde con este horario aproximado: dous de iniciación (de 11 a 12 e de 18:30 a 19:30 horas) e outros dous de perfeccionamento (de 12 a 13:30 e de 17 a 18:30 horas). A proba de nivel será mañá, venres 14 de xullo, ás 11 e ás 17 horas.

O prezo de inscrición custa 25 euros e inclúe unha clase semanal dirixida por un técnico titulado; camiseta; seguro deportico; e a posibilidade de participar nos torneos organizados polo Club Ourense Volei Praia e a Federación Galega de Voleibol.

As inscricións poden facerse en: ourensevoleipraia@gmail.com ou whatsapp 695 18 79 79, indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto.

Artigos relacionados

Back to top button