CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Escolares de Barbadás recitarán poemas de Rosalía de Castro na rúa o vindeiro 23 de febreiro

Mural de Rosalía de Castro na Valenzá.

O vindeiro día 23 de febreiro, o alumnado de Barbadás sairá á rúa para recitar a Rosalía de Castro baixo o lema “Achégate a Rosalía”.

Dende a Concellería de Cultura convidaron aos centros educativos a saíres para recitar os poemas da autora galega máis senlleira cara ás once e media da mañá co obxectivo de que o alumnado achegue as súas poesías á cidadanía.

Con esta iniciativa, dixo a concelleira de Cultura, Anxela Gozález, pretenden “achegar a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos e animar a toda a xente que así o desexe a recitar un poema da nosa autora máis universal”.

A cita será na avenida de Celanova, na Valenzá, no entorno do mural de Rosalía de Castro. Asemade, dende o Concello de Barbadás convidan á veciñanza a facer unha autofoto (selfie) diante do mural de Rosalía de Castro o vindeiro día 24 de febreiro e subilo ás redes acompañado duns versos da autora.

Artigos relacionados

Back to top button