OurenseÚltima hora

Escolares de Ourense participan nunha campaña de limpeza no parque de Montealegre

Ecovidrio cifra en 500 os quilos de vidro reciclados durante o Magosto popular do pasado luns, no parque do Barbaña

 

Un total de 300 escolares dos centros educativos de Salesianos e de Maristas de Ourense participaban, na mañá do 12 de novembro, nos labores de limpeza dos restos dos magostos no entorno do parque Montealegre. Esta actividade, enmarcada na campaña Eco-Magosto da Concellería de Medio Ambiente, tiña a dobre finalidade de recoller o lixo no monte e servir como clase de educación ambiental. “Os nenos son o futuro da cidade”, aseguraba Jorge Pumar, responsable da área de Medio Ambiente, “estou seguro de que nos vindeiros anos haberá xeracións de ourensáns máis respectuosos coa súa contorna”, dixo.

Ademais do traballo de limpeza, no que avaliaron a situación na procura de solucións, os escolares aprenderon durante esta xornada nocións de reciclaxe (separar correctamente vidro, papel e outros residuos), como plantar árbores e o funcionamento da xeotermia.

A campaña do Eco-Magosto contou coa axuda de Ecovidrio que cifra en 500 os quilos de vidro reciclados durante o Magosto popular do pasado luns, no parque do Barbaña; da iniciativa “Separa con xeito” da Xunta e Ecoembes; da “Cada lata conta”, programa de educación ambiental financiado pola Unión Europea; e de Ecourense para os procesos de recollida selectiva. Nos obradoiros do Montealegre con escolares participou tamén Sustinea, entidade ambiental colaboradora da acción.

Artigos relacionados

Back to top button