CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Escolares de Primaria protagonizan a celebración do 8M na Rúa

 

Neste 2022 os escolares das aulas de 2º e 3º de Primaria dos colexios San Pablo VI-Fátima e CEIP Manuel Respino foron os protagonistas do programa do Concello da Rúa para conmemorar o 8M.

Así, ao longo da mañá os pequenos, axudados polos monitores, polas mestras e os veciños que quixeron colaborar crearon unha gran figura de globos  de cor violeta coa forma ‘8M’ que máis tarde anclaron na fachada do Concello. E xa ás 12 horas tiña lugar a lectura de manifestos e o desenvolvemento dun xogo de concienciación pola igualdade, simulando os obstáculos aos que as mulleres se enfrontan día a día na sociedade.

 

8M na Rúa./ Foto cedida.

 

Dende o Pablo VI aseguran que a súa é unha homenaxe “a todas as mulleres, coñecidas e anónimas, que ao longo da historia de Galicia fixeron tanto esforzo por conseguir para todas os mesmos dereitos e liberdades que os homes”.

Ademais desta actividade, do 8 ao 24 de marzo permanecerá aberta na Casa da Cultura da Rúa, a exposición fotográfica ‘Muller(es) Muller’. Unha mostra baseada na longametraxe documental dirixida por Inés Pintor e producida por Domingo Díaz, onde a través de cada unha das fotografías achegarémonos ás mulleres de tres xeracións, “avoas, nais, netas”, mulleres que se admiran, coas súas loitas, soños e contradiccións. As fotografías son de María F. Armero, María Moldes, Mariola Mourelo, Sue Rainbow, Alba Sotelo e Mari Vega.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button