OurenseÚltima hora

Escolares de Verín acércanse á cultura audiovisual da man do FIC Vía XIV

Os nenos visionaron curtas exhibidas noutras edicións do festival

Un total de 108 cativos da comarca achegáronse na mañá do 7 de novembro ata o Auditorio Municipal de Verín para visionar unha serie de curtas programas expresamente para eles que foron exhibidas noutras edicións do FIC Vía XIV.

Con esta iniciativa, na que estiveron presentes o tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo e o director do FIC Carlos Montero, os promotores do certame pretenden fomentar a cultura cinematográfica e audiovisual entre os cativos da comarca.

Artigos relacionados

Back to top button