CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Escolares do Barco e arredores asisten a un peculiar concerto didáctico de “instrumentos insólitos”

A obra de Fetén Fetén desenvólvese en tres pases no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

Que nenas e nenos emprendan unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española, é o obxectivo principal do concerto didáctico “O máxico planeta dos instrumentos insólitos”, a nova proposta teatral de Fetén Fetén que chega a Valdeorras da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA.

Na mañá do 11 de decembro, Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais, subíanse ao escenario do Teatro Lauro Olmo para transmitir a máis de 600 escolares procedentes de centros do Barco de Valdeorras e arredores (A Rua, Viana, Quiroga,…), valores sobre a reutilización, a loita contra a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical, o á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de cámping.

Os primeiros en asistir a este concerto tan especial eran os alumnos do CEIP de Quiroga e do CEIP Julio Gurriarán do Barco, na función das 10h. Ás 12 houbo outra e mañá, mércores 12 de decembro haberá unha terceira.

Con esta nova proposta, Afundación desenvolve unha actividade na que o coñecemento das expresións culturais tradicionais e o valor da música como código de aprendizaxe danse a man nunha entretida obra de teatro. De feito, os artistas tocaron fermosas melodías (dende muiñeira ou vals ata xota) con intrumentos creados a partir de pezas do máis insólutas, de unha recolledor ou unha basoira, ata un cubo transformado en guitarra ou un recipiente de viño convertido nunha gaiata moi especial.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button