CulturaÚltima hora

Escolas Abertas leva a cultura inmaterial máis tradicional de Galicia ao Pereiro de Aguiar

Tivo lugar no escenario da praza do Concello, ás 20:30 de onte, onde os participantes actuaron con diferentes bailes neste acto de clausura da edición

 

Cartel do Acto de Clausura das Escolas Abertas.

 

Escolas Abertas é un programa da Secretaría Xeral da Emigración deseñado para actualizar os coñecementos das persoas que exercen docencia nas disciplinas galegas máis tradicionais. Encargouse de levar este martes a cultura máis tradicional de Galicia ao Pereiro de Aguiar de man de docentes das distintas disciplinas de baile, canto e pandeireta e percusión así como de confección de traxe tradicional galego en Ourense.

Estes beneficiarios do programa da Secretaría Xeral da Emigración levaron ao escenario situado na praza do Concello os coñecementos adquiridos durante as últimas dúas semanas a través de especialistas nas materias. O obxectivo deste programa é profundar no coñecemento de cada disciplina e entrar en contacto coa cultura galega para poder seguir difundíndoa en Arxentina, Brasil, Chile, Cuba, México, Uruguai e Venezuela, países de procedencia das persoas participantes.

Antonio Rodríguez Miranda felicitou aos 63 participantes na iniciativa do goberno galego, aos que agradeceu a súa dedicación á difusión do patrimonio inmaterial de Galicia. Como colofón a súa estadía na nosa terra, os participantes das escolas abertas actuaron con diferentes bailes no acto de clausura das Escolas Abertas, o martes 23 de xullo, ás 20:30 horas na Praza do Concello do Pereiro de Aguiar.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button