Cunha valoración unánime e moi positiva concluía a I Cata de Garnachas Centenarias da Denominación de Orixe Valdeorras, promovida por Luis Paadín, sumiller e autor da Guía de Vinos y Destilados de Galicia, e polo Periódico O SIL.
Era unha cata cega e tamén vertical, con viños de diferentes añadas o que permitía que un selecto grupo de sete catadores puidera ver as diferentes colleitas e valorar o seu potencial de envellecemento, tendo en conta que a máis antiga das catadas era do ano 2009. En conxunto coincidían na diferenza que marcaba a acidez, a frescura atlántica e a mineralidade das pizarras. Algo que non aparece nas garnachas tintureiras doutras zonas.
As puntuacións foron en xeral moi altas, algo a destacar tendo en conta que acostume ser moi difícil nunha cata lograr ese resultado. A valoración conxunta das fichas de cata dos viños, así como a opinión de cada un dos sete catadores poden verse na edición en papel de febreiro do Periódico O Sil.
A cata tiña lugar o 12 de xaneiro na Viñoteca-Tapería A Pepa da Rúa.