DeportesÚltima hora

A escudería Ourense Aukor Team quenta motores para a Panda Raid en Marrocos

Jesús Miguel Varela, Jano Fraga, José Ramón González, Tony Fernández, Javier Prol e Roberto Prol son os seis integrantes que ocuparán os tres pandas que conforman a escudería Ourense “Aukor Team”. Os equipo presentou hoxe, 23 de febreiro no parque de San Lázaro de Ourense, os tres Pandas que levarán ao Raid Panda, que dará a saída o próximo venres 3 de marzo. O obxectivo destes competidores é facer unha ruta por todo o deserto ata rematar o 12 de marzo en Marrakech. En total, 4.500 kilómetros de raid.

Segundo Jano Fraga, integrante da escudería, as condicións do terreo non acompañan á hora de facer esta competición. “Hai que ter en conta que, a pesar de que adaptamos os coches, son o que son, e alí nos encontramos con ríos, area, a neve do monte Atlas…”. Este piloto asegurou que en hai tres cousas que fan do Raid unha experiencia gratificante: “a aventura, a propia competición e a solidariedade”. Estes seis membros da escudería Ourense Aukor Team levarán consigo tamén varios paquetes de roupa, comida e material escolar “para repartir nas zonas máis pobres de Marrocos”, contou Fraga.

Este xa é o terceiro ano que compiten, e na edición pasada quedaron no posto 45 de 220 coches. Este ano, a cousa será un pouco máis complexa, xa que hai un total de 320 inscricións.

Artigos relacionados

Back to top button