En portadaÚltima hora

Esgótanse as entradas para a XVI Festa do Botelo do Barco en menos dunha hora

En 45 minutos vendíanse as 950 entradas ofertadas dende o Concello
Asistentes á pasada edición da Festa do Botelo do  Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á pasada edición da Festa do Botelo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

En torno ás catro e media da tarde do luns 18 de xaneiro poñíanse á venda 950 entradas (ao prezo de 15 euros) para a XVI edición da Festa do Botelo do Barco de Valdeorras e menos dunha hora máis tarde, xa estaban esgotadas.

Ante esta sorprendente nova, dende o Concello emitían un comunicando agradecendo a gran acollida e convidando aos interesados a facer reservas nos restaurantes da vila.

Na web www.festadobotelo.es aparecen os teléfonos e locais que ofrecen menú.

Artigos relacionados

Back to top button