ConcellosÚltima hora

Espadanedo e a Merca honran a Miguel Ángel Blanco cunha sentida homenaxe

Os actos leváronse a cabo diante do “Monumento á Liberdade” (Espadanedo) e diante da tumba de Blanco (A Merca)
Homenaxe diante do Monumento á Liberdade.

Xunqueira de Espadanedo conmemorou hoxe, 13 de xullo, o vixésimo aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans da banda terroritas ETA. Esta vila ten un especial simbolismo, xa que o pai de Blanco naceu alí. O acto foi clebrado xunto ao “Monumento á Liberdade”, erixido en honra de Miguel Ángel Blanco. Ao acto tamén acudiron o alcalde da localidade, Carlos Gómez; os familiares de Miguel Ángel Blanco e diferentes autoridades institucionais da comarca e veciños da localidade.

Neste acto de homenaxe estivo o prediente da Deputación, Manuel Baltar, que asegurou que honrar a Miguel Ángel Blanco “é hornrar á democracia e reivindicar a unidade fronte ao terrorismo”, asegurando que Blanco representa “representa a un héroe dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas”.

O xefe do executivo provincial asegurou que, aínda que pasasen 20 anos, “parece que foron vinte días” posto que “segue vivo ese Espírito de Ermua”, localidade onde Miguel Ángel Blanco exercera como concelleiro do PP e que se ergueu contra eta tras a súa morte. “Un levantamento do pobo español contra a barbarie terrorista”, asegurou Baltar.

Referíndose á familia, Baltar reiterou que merecen que “dende Ourense teñamos un recordo especial e por iso o facemos hoxe en Xunqueira de Espadanedo e na Merca e cremos que homenaxear a Miguel Ángel Blanco é honrar a democracia, e todo o que fagamos neste sentido vai no bo camiño de rexeitar un terrorismo que protagonizou boa parte do século XX en España, que merece toda a nosa repulsa, e non esquecer, xa que os pobos que non lembran o seu pasado están condenados a repetilo. Por iso, honrar a Miguel Ángel e reivindicar a unidade fronte ao terrorismo, unha obriga que todos debemos practicar día a día”.

No decurso do acto leuse un comunicado en memoria do edil de Ermua e de seguido tivo lugar unha ofrenda floral diante do monumento, para rematar cun un minuto de silencio e un emotivo aplauso de respecto á figura de Miguel Ángel Blanco.

Pola tarde, en Faramontaos (A Merca) tivo lugar unha ofrenda floral na tumba de Miguel Angel Blanco, acto ao que asitiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde da Merca, Manuel Velo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button