En portadaÚltima hora

España suspende de forma “cautelar” durante 2 semanas a administración da vacina de AstraZeneca

Anunciábao esta tarde a ministra de Sanidade tras unha reunión urxente do Consello Interritorial

 

“Imos suspender de maneira cautelar e temporalmente a administración da vacina contra o Covid de AstraZeneca ata que o Comité de Avaliación de Riscos en Farmacolovixilancia da Axencia Europea do Medicamento analice os eventos trombóticos novos acaecidos nesta fin de semana. É a decisión que trasladamos ao Consello Interterritorial no día de hoxe”. Así o anunciaba a ministra de Sanidade, Carolina Darias, tras reunión convocada de forma urxente do pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Darias matizaba que “durante esta fin de semana saltaban alertas duns casos de tromboses pouco frecuentes, non coñecidos ata o venres, cando se emitiu o comunicado da EMA e da OMS”. Trátase, explicaba, “dunha trombose moi específica, de senos cerebrais, casos que se saen do patrón ata agora coñecido. Ante estas alertas xurdidas e, á espera da análise pormenorizada e rigurosa que faga o Comité de Avaliación de Riscos en Farmacolovixilancia, decidimos a suspensión alomenos nas dúas próximas semanas para que a EMA poida avaliar detidamente estes casos e as axencias nacionais de medicamentos ofrezan respostas a estes sinais”.

 

A ministra da Sanidade, Carolina Darias.

 

Estas alertas xurdían, segundo a ministra, porque “o sistema de farmacovixilancia funciona. En base ao principio de prudencia fixo que tomásenos esta decisión no día de hoxe. Os casos notificados son moi poucos e moi significativos e fixeron que tamén España se sume ao resto de países que optaron por esta suspensión cautelar, temporal, durante as próximas dous semanas á espera de que a EMA, seguindo as pautas que dea o Comité de Avaliación de Riscos en Farmacolovixilancia, aclare este asunto”.

Artigos relacionados

Back to top button