PolíticaSen categorizarÚltima hora

Espazo Común presenta a súa candidatura no Carballiño, liderada por Pachi Vázquez

O seu cabeza de lista asegura que se trata “dun gran equipo e un gran proxecto” para “relanzar” este concello ourensán
Pachi Vázquez durante a presentación da candidatura de Espazo Común no Carballiño.

Espazo Común presentaba na tarde do venres 3 de maio a súa candidatura á alcaldía do Carballiño de cara ás próximas eleccións municipais na emblemática Eira de Flores, lugar onde naceu esta vila. O acto desenvolvíase dun xeito participativo e nel o cabeza de lista, Pachi Vázquez, destacaba a necesidade de “relanzar O Carballiño cun gran equipo e cun gran proxecto”.

Esta formación política presenta ás locais unha candidatura “totalmente renovada” que se basea “nun gran proxecto para relanzar O Carballiño: dinamizar a economía, garantir a calidade de vida dos nosos veciños e acometer os importantes cambios estruturais que precisa a vila”, segundo Vázquez.

 

A candidatura de Espazo Común no Carballiño.

 

Nesta lista, Vázquez destacaba que hai ademais  “un reparto equilibrado de representación dos barrios e das parroquias contemplando a pluralidade do noso concello”. Dela forman parte profesionais sanitarios, representantes de traballadores, líderes de colectivos sociais e veciñais, xubilados e unha gran diversidade de perfiles sociais aos que, segundo resaltou Pachi Vázquez, “nos une que queremos ao noso pobo, ao Carballiño, e o compromiso de traballar polo seu desenvolvemento presente e futuro”.

 

Artigos relacionados

Back to top button