En portadaÚltima hora

O Especial Festas do Cristo do Barco do Periódico O Sil, xa está na rúa

Trátase dun amplo monográfico coa información máis completa sobre o programa de actos, ademais de entrevistas e reportaxes sobre este concello valdeorrés

 

Portada do Especial Cristo 2017 na edición en papel do Periódico O Sil.

Como dende hai máis de 20 anos, o Periódico O Sil vén de poñer na rúa un amplo e completo monográfico especial en edición papel adicado ás Festas do Cristo 2017 no Barco, case dúas semanas antes destes festexos. Esta publicación, que xa se pode mercar nos quioscos, achega as diferentes citas e propostas do programa festivo, ademais de entrevistas, reportaxes e diversa información relacionada coas festas e tamén con outros aspectos deste concello valdeorrés.

 

 

Nas súas páxinas poden verse as diferentes propostas musicais, descubrir quen será o pregoeiro desta edición, os cultos relixiosos ou tamén os detalles de diversas citas deportivas de referencia como o Descenso do Sil ou a Milla Urbana o Barco, entre outras como o Madrugón.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button