O Sil avanza de forma detalla os contidos relixiosos, lúdicos, musicais e deportivos desta celebración
Comeza a conta atrás para unha das principais datas de referencia no calendario barquense: a das Festas do Cristo. Desta volta o programa desenvolverase entre os días 10 e 15 de setembro cunha chea de propostas para todos os públicos. Todas elas, xunto cos actos relixiosos propios desta celebración se abordan no monográfico “Especial Festas do Cristo 2015” que o Periódico O Sil vén de poñer na rúa conxuntamente co número de setembro. Son un total de 48 páxinas cunha información detallada sobre as festas, ademais de entrevistas ou artigos de opinión, entre outros contidos. Este especial xa se pode atopar nos quioscos.