Será unha das agrupacións convidadas neste programa da televisión galega que se emitirá en directo na tarde do 21 de xaneiro dende O Barco

 

Entre as interpretacións musicais do programa “Aquí Galicia” que a TVG emitirá na tarde do 21 de xaneiro estará a da Banda de Música do Barco. Esta formación musical, dirixida por Manuel Prada, tocará dúas pezas.

A primeira delas será “Flashdance” e, a segunda, a composición “Viloira”, co acompañamento da Banda de gaitas barquense.  Neste programa tamén tocarán outras formacións musicais valdeorresas e a súa emisión será en directo dende a praza Andrés de Prada a partires das catro e media da tarde. Esta actividade está incluído no conxunto de actos da XVII Festa do Botelo do Barco.

Non será esta a primeira vez que a Banda de Música actúe na televisión, xa que o pasado decembro tocaba no programa “Luar”, tamén da televisión galega.