A exposición formada por máis de 4.000 pezas poderá visitarse ata o 1 de abril, Domingo de Pascua

Máis de catro mil pezas conforman a mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, a maior exposición realizada nunca en Galicia con pezas de playmobil, instalada no Templo da Veracruz, que pode visitarse ata o 1 de abril  en horario de mañá (de 10 a 13:30h.) e de tarde (de 17h. a 19:30h.) no adro da igrexa.

Esta exposición, promovida dentro do programa de Semana Santa pola Confraría da Vera Cruz, obtivo un gran éxito o pasado ano, pero nesta ocasión está ampliada cunha enorme catedral gótica, un colexio e multitude de escenas novas, entre as que destacan as propias da tradición do Carballiño, con postos de pulpeiras cocendo o pulpo e comensais degustando este produto da gastronomía carballiñesa. Tamén se  incorporaron novos pasos procecionais, figuras urbanas e escenas propias da cultura galega como grupos de gaitas e oficios tradicionais,  e incluso unidades móviles de retransmisión de medios de comunicación.

Coa apertura desta mostra, que tiña lugar o 10 de marzo, comezaban os actos de Semana Santa no Carballiño, que inclúen conferencias e por suposto cultos entres os que destacan as procesións. O día central será mañá, Venres Santo, coa do Santo Enterro prevista para as 21h.

Fotos: Carlos G. Hervella.