Dende o exterior da igrexa barquense de San Mauro partían, en direccións distintas, as imaxes da Virxe  e de Cristo Resucitado no mediodía do 1 de abril.  A figura de María, acompañada polas mulleres, baixaba pola rúa de San Mauro en dirección ao Porto da Barca, mentres que a de Cristo era levada polos homes e pasaba polas rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Álvaro Cunqueiro e Pérez Lista ata regresar, novamente, ao casco antigo.

No Porto da Barco tiña lugar o encontro. A Virxe mudaba o seu manto de loito por un branco, e as dúas figuras continuaban xuntas, seguidas por numerosas persosas, ata a igrexa de Santa Rita, onde se celebraba a misa de Resurrección. Este acto relixioso poñía fin ao programa de cultos da Semana Santa no Barco.

Fotos: A.R.