Despois dos encontros de folións, pola capital do municipio e tamén por Arcos, coa que daban a benvida ao Entroido, o Concello de Vilamartín de Valdeorras celebraba o seu particular desfile de disfraces e comparsas na tarde do sábado 25 de febreiro.

Con saída na Rodeleira e tras un percorrido polo pobo, a procesión entroideira na que tamén participaba o Folión Os Viticultores (organizador das xuntanzas anteriores), remataba en Cerdeirais con degustación de petiscos do Entroido.

Ademais dos Viticultores, no desfile colaboraron as Mulleres Rurais Cima de Vila, o Consello Regulador e os Coveiros.

Fotos: Mónica G. Bellver