Os voluntarios obterán un diploma de recoñemento académico con créditos por participar na organización do certame

Prensa, xestión de redes sociais e produción audiovisual, antes e durante o evento. Son as tarefas que realizarán os alumnos de Periodismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela que colaborarán como voluntarios na primeira edición do Festival Internacional de Curtas – Vía XIV de Verín.

Tal como adiantan dende o Concello de Verín, organizador do festival, en total son 11 os alumnos  que xa están traballando, sempre tutelados pola dirección do certame, en tarefas de comunicación, e que se desprazarán a Verín durante a semana do 5 ao 11 de decembro, na que se celebrará o o FIC.

A colaboración parte dun convenio entre a USC e o Concello de Verín, no que están integrados os estudantes a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria, “o que lles permitirá, se cumplen os requisitos, obter un diploma de recoñecemento académico con créditos por participar a organización do certamen”, explican dende o Concello.

Foto cedida.