A imaxinación non ten límites. Así o demostraron as preto de cen mulleres que na noite do 23 de febreiro, Xoves de Comadres, enchían a Casa da Cultura da Rúa para celebrar a tradicional Cea de Comadres. De forma individual ou en comparsa, poucas foron as asistentes (da Rúa e tamén de Petín) que non botaron man da fantasía para lucir uns disfraces moi elaborados.

O grupo máis numeros (ata catorce compoñentes) ían de despedida de solteira “nunha montaña rusa”; outras de Conguitos con bolsas das saborosas lambetadas que repartían entre as asistentes; había mozas vestidas de chuvia; do dúo formado por Carlos Vives e Shakira; e mesmo dunha peculiar Estatua da Liberdade con Donald Trump ás costas.

A cea foi servida pola empresa de cátering Mantesil.

Fotos: Mónica G. Bellver