Olas de todas as cores, ornamentadas con diferentes motivos ateigaron a praza de Eiroás. Son o elemento central dun xogo que consiste en lanzar este recipiente de cerámica dunhas mans a outras, evitando que caia ao solo, onde acaba escachando. E esta ten sido a actividade central do Domingo Oleiro neste barrio ourensán, 19 de febreiro.

Os máis pequenos foron os que se atreveron en primeiro lugar. Deron pases longos, curtos, rápidos, lentos, xogaron ao despiste… en definitiva, pasárono ben. A tarde foi máis que festiva e diso encargáronse as Pitas, máscaras centrais do Entroido nas Eiroás. A zona comezou a encherse, cara ás 17:00 horas, de máis e máis veciños que quixeron gozar da diversión de pasarse as olsa e todos amosaron unha grande destreza á hora de pasalas e collelas.

Fotos: Carlos Asensio