O centro barquense participa deste xeito no proxecto de Valdeorras para lograr o Día das Letras Galegas de 2019 para Florencio Delgado Gurrirán
Co fin de lograr que no ano 2019 se adique o Día das Letras Galegas ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, este ano dende os concellos da comarca puxeron en marcha un completo programa cultural.
Dentro das actividades propostas para os centros escolares de Infantil e Primaria está a celebración do Entroido, por iso, o CEIP. Plurilingüe Condesa de Fenosa quixo poñer o seu gran de area collendo a temática que se lle ofreceu: as viñas e o viño, un dos temas tratados polo poeta de Córgomo co fin de unirse a esta proposta e apoiar o proxecto.
Así, na tarde do venres 24 de febreiro, alumnos e profesores do centro protagonizaron un fermoso desfile polo patio do centro con disfraces que xiran arredor do mundo do viño e a uva. Uns ían de uvas brancas, outros de uvas tintas, outros de cestos, outros de cuetos, de camareiros, de botellas de viño,… E mesmo desfilou o Folión do Condesa de Fenosa.
Aproveitando a ocasión e a presenza e pais e familiares, realizaron unha exposición etnográfica (no mesmo patio do colexio) con apeiros, máquinas e recipientes e utensilios antigos utilizados polos viticultores ao longo da historia.
Fotos: Mónica G. Bellver