O núcleo de Seixalbo non se parou coa choiva e saíu á rúa para festexar este Martes de Entroido. A xornada arrancou cara ás catro e media da tarde co desfile polo barrio. Un enfin de carrozas, charangas e os veciños disfrazados saltaron ás empedradas rúas do casco vello. Un grupo de mimos, un bufón subido a un tractor, antefaces e un autobús ateigado de xente en dirección a Barcelona, foron algunhas das comparsas que se puideron ver neste colorido desfile. Pero tampouco puideron faltar os seus personaxes Paquita, Nicanor e Vicentiño, que gozaron do desfile dende o seu palco “VIP” na Praza Maior do pobo.
Pero a festa non parou aí xa que, tras o desfile polo pobo, as comparsas pararon na praza maior para seguir gozando do baile e da festa do Martes de Entroido. Unha festa rachada na que non faltou ninguén. Pero Paquita, Nicanor e Vicentiño tiveron que baixar do seu palco, xa que, cara ás oito e media da noite, os mecos foron queimados e fíxose a entrega para o próximo Entroido.
Fotos: Carlos Asensio.